sábado, 22 de noviembre de 2014

Reflexión persoal sobre o Marco Instrumental da orientación laboral



QUEN MOITO ABARCA POUCO APRETA 


Rematado o terceiro e último módulo deste curso  toca facer o xa tradicional resumo e reflexión persoal dos materiais traballados sobre o Marco Instrumental da orientación laboral (podedes ver a miña reflexión dos marcos conceptuais e persoais da orientación laboral aquíaquí ) 

Neste último conxunto de temas centrámonos de forma máis específica no traballo do orientador laboral condensándoo en 6 temas, que sen ánimo de ser exhaustivos, e a modo de contextualización percorremos brevemente a continuación: 


O primeiro destes temas (tema 11) versou sobre os modelos de intervención na orientación laboral e as tendencias actuais en España e na Unión Europea, así como os principios(xa comentados en entradas anteriores) que deben reinar en toda intervención de orientación: Individualización, flexibilidade e desenvolvemento da autonomía. Principios que deben asumirse en tódas as situacións e con todos os usuarios, polo tanto os servizos de orientación cobrarán vital importancia á hora de mellorar a empregabilidade, e o acceso ao emprego de colectivos vulnerables, polo que deben contemplarse como unha das medidas clave á hora de propulsar unha sociedade que favoreza a atención á diversidade, e que aposte pola igualdade de todas as persoas e a súa integración social. 

Estes 3 principios da orientación laboral e o modelo que presupoñen lévanos no tema seguinte (tema 12) a centrarnos de forma exclusiva nos itinerarios de inserción laboral, a contemplación das súas fases e o esquema a seguir para unha elaboración funcional e correcta dos mesmos. 

Na mesma liña o tema 13 está adicado a unha das ferramentas clave na elaboración específica dos itinerarios de inserción e en todo proceso de orientación en xeral, esta é: a entrevista de orientación laboral (coñecimos tamén á súa irma máis nova a entrevista por competencias e a irmá fea, a entrevista de selección de persoal). Por último o tema volve á orientación laboral no marco da Unión Europea presentando unha comparación do seu funcionamento e regulamento nalgúns dos seus países membros. 

O tema 14 está orientado cara o coñecemento dos perfís profesionais, concretamente á especificación de fontes de información ás que acudir á hora de realizar unha análises das competencias que esixe cada posto, a importancia de saber a onde acudir para atopar esta información radica en que vivimos nunha sociedad na que o ciclo vital das ocupacións ten un ritmo frenético. Por outra bando o tema amplíase cara a laboriosa función da prospección laboral e a coidada e minuciosa organización das súas fases. 

Por último os temas 15 e 16 falan, por unha parte sobre as técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego, elementos indispensables para a procura de traballo como poden ser o currículum e as cartas de presentación, o coñecemento sobre as entrevistas de selección, o netwoking ou as distintas canles para a búsqueda, e por outra parte, dos recursos para o autoemprego así como a elaboración dun plan de empresa.

Neste rápido e intenso percorrido que iniciamos en septembro, sobre un tema tan amplo e tan en voga como a orientación para o emprego, as sensacións coas que me quedo son as de desconcerto e desbordamento,  por un lado ante a falta dunha formación reglada específica para a orientación laboral ( tal e como xa reflexionou unha das nosas compañeiras como firma invitada no blogue gtresnet ), e por outro pola cantidade de competencias e funcións que vamos a levar a cabo como orientadores/as ,e a falta de tempo para levalas a cabo coa atención que se merecen.



Como imos ser capaces de  levar a cabo estas función co nivel de competencia axeitado?Competencia que na miña opinión evalúase coa satisfacción dos nosos usuarios, que en todo momento teñen o dereito de recibir por riba de todo un trato individualizado ,flexible e que en todo momento debe favorecer a súa autonomía. (principios inexorables)


Por si fose pouco, non podemos concibir a un individuo fora do seu contexto, e o noso contexto laboral e social non pode ser peor para a procura de emprego, polo tanto gran parte do peso das nosas intervencións van a ser o traballo de aspectos motivacionais, que van a merecer tempo e esforzos extra.

Deste modo, e xa que o visto ata o momento recolle a forma de traballo ideal do orientador laboral gustaríame concibir outra forma de traballo na que a figura do orientador laboral se transforme no equipo de orientación laboral, un equipo que:
  • Sexa multidisciplinar: Desta forma podemos aproveitar o feito de que non exista una titulación específica para a orientación laboral, senón que cada membro do equipo sume cos seu propios coñecementos.
  • Reparta as tarefas: Coa finalidade de poder adicarlle a cada unha o tempo o a dedicación que merecen para ser realizadas de forma eficaz.
  • Rote nas distintas funcións: O feito de que cada membro aporte ao equipo uns coñecementos específicos do seu campo de estudios non significa que deba cerrarse no mesmo, todos os membros deberán pasar por as distintas funcións ( prospección do mercado, realización de informes, entrevistas aos usuarios…)deste modo todos estarán en contacto coa realidade na que traballan.

Nas clases do fin de semana adicado á selección de personal,dixéronnos que o positivismo crea persoas tristes, faláronos de realidades e dixéronnos que o mundo é así, sen embargo eu son da opinión de que a realidade non é o que é, senón que é o que se fai, e aquí todos temos voz e todos temos boto. 

Como todos sabedes, eu non traballo como orientadora laboral, polo que o meu punto de vista é externo, subxectivo, utópico, positivista (e sen embargo, sano e feliz) así que a última palabra é a vosa e gustariame saber si esta forma de traballo é viable,  compañeiros e compañeiras orientadores/as ¿vedes a necesidades de multiplicarvos? ¿sentides que levades un ritmo frenético? ¿fáltavos tempo para disfrutar co voso traballo? 

"Todo lo que uno puede imaginar, otros podrán hacerlo realidad."
Julio Verne








No hay comentarios:

Publicar un comentario