martes, 4 de noviembre de 2014

Orientación laboral para persoas con discapacidade!!

Un dos colectivos que adoita padecer máis dificultades de inserción laboral é o das persoas con discapacidade. En xeral, o problema para o acceso destas persoas ao mercado laboral non é unicamente económico. Seguen primando factores como os prexuízos sociais, o descoñecemento da discapacidade, a desconfianza, etc.
Se a estes factores engadimos a evolución do mercado de traballo cara a ámbitos dixitais e tecnolóxicos, as dificultades para o acceso a unha formación e emprego adaptados e a diminución de postos de traballo de tarefas 
manipulativas, vemos que o panorama que teñen as persoas con discapacidade para acceder ao emprego e mantelo, é bastante complicado. Pero isto non debe coartar as posibilidades, proxectos e axudas que haxa que destinar a estas persoas.
O principal cambio que hai que levar a cabo é o do concepto de persoa con discapacidade que quere acceder ao emprego. Este cambio debe facerse dende a propia persoa con discapacidade e o seu entorno, ata o sector empresarial, pasando por orientadores e intermediadores laborais.
A persoa con discapacidade debe auto coñecerse, ser consciente das capacidades e limitacións, e chegar á conclusión de que cousas é capaz de facer e cales non.
Pero isto é, nin máis nin menos, o mesmo que debe facer toda persoa que estea en busca de emprego: que podo facer? que podo aportar? que me falta? que limitacións teño?….. Sendo consciente do que cada un é capaz ou non de facer, sempre será máis doado determinar cal será o camiño a seguir na busca de emprego.
Actualmente no noso país existen servizos de orientación e intermediación laboral especializados no colectivo de persoas con discapacidade. O seu coñecemento da discapacidade e a súa repercusión á hora de desempeñar unha actividade laboral, ponos como punto de referencia para a inserción laboral tanto para o propio colectivo coma para as empresas que, tanto por conciencia social coma por "obriga" legal, opten pola contratación de persoas con discapacidade.
Existe tamén normativa de emprego protexido para este colectivo, onde se permite a creación de empresas de carácter laboral e social, con axudas especiais e bonificacións para a súa creación e para a contratación de traballadores. 

Do mesmo xeito que existen portais de emprego xerais ou específicos de sectores profesionais, tamén foron xurdindo portais de emprego para persoas con discapacidade. Un exemplo diso é
https://www.portalento.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario