A finalidade do presente artigo non é outra que o por de
manifesto a necesidade de ofrecer un servizo
de orientación laboral especializado
ás personas con discapacidade.
Entre as razón que
apoian esta demanda podemos aludir as seguintes:
- As persoas con algunha
discapacidade representan un colectivo históricamente excluido do mercado de
traballo e con especiais dificultades de inserción laboral.
- A inserción laboral e a
orientación das persoas con discapacidade teñen claras repercusións, para a
familia e para a comunidade cercana desa persoa, e constitúen un promotor de
desenvolvemento social e económico do país.
Máis alá destas razóns de xustiza social, existen datos
que poñen de manifesto a necesidade de seguir traballando para dar resposta á demanda
de orientación das persoas con
discapacidade.
Deste xeito, segundo os datos estatísticos publicados
polo Servizo Público de Emprego(SPEG), extráese que do total de persoas que
recibiron orientación por parte do SPEG ó longo do 2013, arredor dun 9% foron
persoas con discapacidade.
Se
analizamos e comparamos estes datos coa poboación total con discapacidade en
idade laboral da nosa comunidade, chegamos á conclusión de que tan só arredor dun 3% destas recibiron orientación laboral a
través do SPEG.
Chegados
a este punto, tamén nos podemos preguntar o porqué da necesidade dun servizo
especializado, é dicir, se pretendemos a súa integración sociolaboral na sociedade,
¿Por qué non reciben orientación laboral
por parte dos centros “ordinarios” de orientación?
Pois
ben a resposta é moi clara, porque as persoas que traballan nestes servizos, non contan (nin teñen por qué contar) cos
coñecementos necesarias para enfrontarse á orientación de persoas con
diversidade funcional, nin contan cos recursos persoais necesarios para elo.
Neste senso, non se trata de que a orientación laboral con estes colectivos sexa
radicalmente diferente da que se lle oferta a calquera outro demandante de
emprego, pero o que si require en moitas ocasións, é do uso dunha metodoloxía e
dunhas ferramentas diferenciadas e adaptadas á persoa e sobre todo adaptada ás
súas capacidades.
A
colaboración coas asociacións que veñen traballando cos diferentes colectivos
de discapacitados e lles prestan
servizos no seu día a día é indispensable para proporcionar un servizo que dea
resposta ás demandas deste colectivo, de aí a colaboración que neste sentido
está a manter a Consellería de Traballo con estas asociacións a través dos
Centros de Orientación Especial.
Gracias
a estes convenios, as persoas con algunha discapacidade poden acceder a un
servizo de orientación laboral, profesional e especializado, que persigue como
obxetivo último, a súa inclusión sociolaboral na sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario