lunes, 22 de septiembre de 2014

O CAMIÑO DA ORIENTACIÓN


O Camiño da Orientación




        Esta é a miña nube de intereses baseada no meu traballo, xa de varios anos,como orientadora, e coñecedora das alegrías e sinsabores no exercizo da orientación laboral; entre estes últimos descoñecemento do que facemos, subvencións, recortes...... ás veces soidade. Velaí a miña reflexión:

     " Cursos como éste de Postgrao en Orientación Laboral que estamos a realizar contribúen en gran medida a profesionalizar o noso traballo axudando a perfilar e homoxeneizar as nosas funcións e a reinventarnos profesionalmente, paso previo necesario para poder axudar aos nosos usuarios a emprender o seu propio proceso de orientación e reinvención profesional.

     Grazas ás universidades implicadas no proxecto polo seu saber facer, así como á consellería.

   Un saúdo aos meus compañeir@s, especialmente aos que emprenderon a mesma singradura profesional."  

     E para rematar, unha cita acorde coa miña nube de intereses, da sicóloga  Marina Muller:

    " Non se pode iniciar unha travesía sen coñecer o destino e sen contar cos mapas e a orientación para chegar a él polo mellor camiño". 

Rosa Gómez Zunzunegui

                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario