Ó longo da miña traxectoria profesional coma xestor de proxectos sempre
tiven unha inquedanza compartida con moitos compañeiros, que é dar coa chave
para xestionar eficazmente equipos humanos.
Na actualidade, e despois de anos de traballo e estudo sobre o tema, atopei
na xestión de medios sociais unha ampla ferramenta que nos aporta moitos datos
sobre o comportamento dos grupos de persoas, permitíndonos ademais dotar a
estes grupos de múltiples ferramentas que non só facilitan o seu traballo senón
que tamén lles permiten desenrolar con éxito a súa traxectoria profesional e
medrar dentro das súas inquedanzas.
Penso que a orientación laboral, enfocada non só dende a demanda de emprego,
senón tamén dende a busca incesante de cada un por acadar un posto de traballo
no que sentirse realizado e motivado, é fundamental para o desenrolo persoal e
profesional dos propios individuos.
Non só ofertar un emprego, senón atopar o lugar onde emprego e empregado
converxan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario